1) Descrición
"DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO" é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Federación Galega de Comercio e a VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA - CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN, coa colaboración de ABANCA. Esta última entidade aporta os premios a sortear nesta campaña, consistentes en TARXETAS PREPAGO polos importes que se especificarán no apartado de "premios", e que deberán ser utilizadas de novo polos agraciados para mercar no comercio de proximidade galego.
A "Edición Verán 2022" desta campaña promocional iniciarase o 23 de xuño de 2022 e rematará o 17 de xullo de 2022, ambos engadidos. O ámbito da campaña é autonómico, podendo participar consumidores/clientes do pequeno comercio retallista das catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases.
2) Obxectivo
O obxectivo fundamental da campaña é incrementar as vendas e incentivar o consumo no comercio retallista de Galicia.
3) Dinámica e Funcionamento
Trátase dunha campaña “aberta”, na que poderán participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra por calquera importe en comercios retallistas galegos, sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña. Isto é, do 23 de xuño ao 17 de xullo de 2022, ambos engadidos. Non poderán participar nesta campaña/sorteo os traballadores da Federación Galega de Comercio, así como tampouco familiares ata segundo grao dos mesmos.
Así pois, os consumidores ou clientes que merquen no pequeno comercio retallista galego nas datas sinaladas (entre o 23 de xuño e o 17 de xullo de 2022, ambos engadidos), e desexen participar na campaña, deberán en todo caso conservar o ticket da compra realizada no comercio tradicional, ou fotografía do mesmo, a fin de dispoñer dun xustificante, SENDO AS MODALIDADES DE INSCRIPCIÓN E REXISTRO DA COMPRA REALIZADA AOS EFECTOS DE PARTICIPAR NO SORTEO, AS DÚAS SEGUINTES:
(I) O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo a través da plataforma/dirección web habilitada a tal efecto e denominada www.diasazuis.com, efectuando o correspondente rexistro da operación de compra realizada no comercio tradicional retallista, que lle dará dereito a 1 participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra realizada e o cliente ou consumidor. So poderán facer un rexistro por operación de compra, e cada operación de compra rexistrada, equivale a 1 participación. Cantas máis compras fagan no pequeno comercio, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.
(II) Outra modalidade de rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo será contando coa colaboración activa do comerciante retallista (modalidade de participación a realizar exclusivamente no establecemento comercial), e a través do espacio da plataforma habilitado a tal efecto denominado www.diasazuis.com/comercios, debendo quedar así mesmo perfectamente rexistrada a operación de compra no comercio tradicional, así como plenamente identificado o consumidor/cliente. Esta modalidade dá ó consumidor/cliente a posibilidade de obter 2 participacións no sorteo por cada operación de compra rexistrada deste xeito
Sinalar que quedan excluídos de participar no sorteo todos os tickets de compras efectuadas en establecementos incluidos no Sistema Nacional de Pago baixo calquera dos seguintes Códigos de Actividade Interbancaria: Alcampo (1387, 1524, 2387, 2524, 5335), Carrefour (1386, 1389, 1423, 1525, 2386, 2525) El Corte Inglés (5959), Hipercor (5338), Eroski (1388, 1415, 1416, 1417, 1446, 1529, 2388, 2529). Do mesmo xeito, excluiranse os tickets de compras realizadas en gasoliñeiras: Alcampo Gasoliñeiras, Consum Gasoliñeiras, CEPSA, Agip, BP Oil, Retail Operating Company, Makro Gasoliñeiras, Leclerc Gasoliñeiras, Corp. Alim. Guissona Gasoliñeiras, Bon Preu Gasoliñeiras, Uvesco Gasoliñeiras, Eroski Gasoliñeiras, Repsol, Campsa, así como calquera outra gasoliñeira e a venda de combustible a domicilio.
4) Realización do sorteo
O SORTEO terá lugar ante notario en data de 21 de xullo de 2022, ás 12.00 horas, na sede da FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO. A realización do sorteo terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata rematar a totalidade de premios/tarxetas prepago dispoñibles para sortear nesta campaña.
A realización telemática do sorteo polo sistema referido, non será aberta ao público, sendo o resultado do mesmo comunicado aos agraciados polos medios que determine a organización, e que permitan deixar constancia da notificación realizada fehacentemente.
5) Premios
OS PREMIOS A SORTEAR NESTA CAMPAÑA consistirán en TARXETAS PREPAGO de ABANCA, debidamente personalizadas coa imaxe da campaña, e que os consumidores que resulten agraciados, deberán utilizar para realizar novas compras única e exclusivamente no comercio tradicional galego, quedando expresamente excluidos os códigos de actividade interbancaria recollidos no apartado 3 das bases, así como as gasoliñeiras. Deste xeito, cúmprese o fin último da campaña de incentivar o consumo e incrementar as compras no pequeno comercio retallista.
O NÚMERO TOTAL DE TARXETAS PREPAGO QUE SE SORTEARÁN NAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS E OS IMPORTES RESPECTIVOS DAS MESMAS, SERÁN OS SEGUINTES:
(I) 24 TARXETAS PREPAGO POR VALOR DE 250 EUROS CADA UNHA DELAS (6 TARXETAS POR PROVINCIA)
(II) 40 TARXETAS PREPAGO POR VALOR DE 150 EUROS CADA UNHA DELAS (10 TARXETAS POR PROVINCIA)
O IMPORTE TOTAL DAS TARXETAS PREPAGO A SORTEAR NAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS É DE 12.000 EUROS. O prazo de caducidade da totalidade das tarxetas prepago será ata o 30 de xuño do 2023, engadido. Polo tanto, todas as tarxetas regalo poderán ser utilizadas única e exclusivamente no pequeno comercio, e soamente ata a data límite indicada previamente (30 de xuño de 2023).
Os premios enténdense como cantidades brutas, suxeitas ás retencións que establece a lei vixente no seu caso; polo tanto, dita retención aplicarase automáticamente nos supostos que proceda.
O consumidor/cliente rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cunha destas tarxetas prepago, xa non poderá optar a ningunha máis na mesma edición, podendo obter polo tanto cada consumidor unha única tarxeta prepago do importe que corresponda.
Así mesmo, só poderá saír un premio por establecemento comercial participante. Isto é, que no caso de que nun mesmo establecemento comercial xa resultara premiado un dos seus clientes cun ticket de compra feita no mesmo, e de novo resultase agraciado un novo cliente dese mesmo establecemento con outro ticket de compra realizada neste mesmo comercio; neste caso, pasarase ao suplente correspondente (e así sucesivamente), de tal forma que se distribúan os premios máis equitativamente, e se dean máis oportunidades para que tódolos cliente de tódolos establecementos participantes poidan ter a opción de obter un agasallo.
RESERVAS:
No mesmo acto de realización do SORTEO TELEMÁTICO, ademáis dos elexidos como agraciados en primeiro lugar, e empregando o mesmo sistema, serán elexidos tamén aletatoriamente o seguinte número de reservas, para o caso de que algún dos premiados non cumpra as condicións ou requisitos desta campaña detallados nas presentes bases reguladoras:
- 12 RESERVAS PARA AS TARXETAS PREPAGO VALORADAS EN 250 EUROS.
- 20 RESERVAS PARA AS TARXETAS PREPAGO VALORADAS EN 150 EUROS.
A ENTREGA DAS TARXETAS PREPAGO AOS AGRACIADOS NESTA CAMPAÑA será realizada na modalidade que acorde a organización unha vez realizado o sorteo, sendo todos os agraciados fehacientemente notificados a tal fin, mediante comunicación persoal.
En calquera caso, comunicaráselles aos agraciados previamente e coa antelación suficiente no seu caso, os lugares, datas e horas de realización dos actos de entrega dos premios; ou a modalidade aternativa que se decida, cumpríndose en todo momento no acto de entrega con todas as normas sanitarias e de protección da saúde vixentes nese momento. No caso de que algún agraciado non se presente a recoller o premio correspondente, unha vez notificado fehacientemente e convocado a tal efecto, entenderase que renuncia ao mesmo a tódolos efectos, salvo que o agraciado xustifique a súa ausencia ante a organización por causa de forza maior allea a súa responsabilidade.
6) Taxas
A entidade organizadora realizará todos os trámites pertinentes para a comunicación previa desta campaña ao servizo de XOGOS, encargándose asimesmo da liquidación das pertinentes taxas perante Facenda Autonómica (12% do valor económico total do sorteado).
7) Bases
Estas bases serán depositadas ante NOTARIO, e asimesmo, estarán a disposición de tódolos consumidores interesados en participar e que desexen consultalas, na páxina web www.diasazuis.com
A mera participación nesta campaña supón a plena aceptación destas bases, así como a aceptación de tódolas condicións e requisitos recollidos nas mesmas a tódolos efectos.
8) Protección de datos
De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de Abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, CIF G27170158, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es. Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa: CDMON, con domicilio en Malgrat de Mar, 08380 de Barcelona, c/ Girona 81-83, Local 6, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable.
Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con tódalas garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.
A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.
O titular dos datos subministados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar.
O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.
9) Dereito de modificación
A Federación Galega de Comercio resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como o de suspender a campaña/sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.