MENÚ

Coñece os Días Azuis do Comercio Galego

A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 7 e o 30 de Xuño de 2021 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022. O sorteo realizarase ante notario o 5 de Xullo de 2021.

Os teus clientes poden participar de 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrando a súa compra na páxina web www.diasazuis.com
  • Ou coa túa colaboración, comerciante, a través desta mesma páxina web www.diasazuis.com/comercios, onde, previo rexistro do teu comercio, podes rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, o cliente debe fotografiar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.